Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo prepara unha ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio e do Prado da Cruz

Petroglifos de Vimianzo
Vimianzo prepara unha ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio e do Prado da Cruz

Trala presentación oficial das dúas marabillosas rutas, toca catalas. Por iso, o Concello de Vimianzo organizará o vindeiro 18 de setembro unha ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se poderá contemplar a Cruz do Loureiro.

Será unha andaina circular de 4,4 quilómetros de lonxitude con saída ás 21:30 horas da praza do Concello. As prazas serán limitadas polo que será necesario inscribirse nesta ligazón ata o venres 17 deste mes.

Contarase coa inestimable colaboración de David Roget e de distintos membros do colectivo A Rula, quenes colaboran na organización desta actividade. Será preciso levar lanterna e calzado axeitado para camiñar polo monte. Terá unha duración estimada de tres horas, aproximadamente. Trátase dunha andaina incluída na Ruta dos Segredos do Val de Vimianzo.

Comentarios