"Unha historia de Vimianzo" será unha das obras presentes no
certame de Viñetas dende o Atlántico que se celebra na cidade da Coruña ata o próximo día 12 de agosto. O cómico - do ilustrador Rubén Rial e con textos de Manuel Rial editada recentemente polo concello de Vimianzo - presentarase hoxe ás 12:00 horas no certame.
Este cómic está composto por catorce ilustracións que recollen catorce momentos da historia do Concello de Vimianzo. Cada viñeta está dedicada a unha parroquia do municipio. Para o alcalde, Manuel Antelo, a presenza desta obra no certame Viñetas dende o Atlántico, certifica a súa calidade e a aposta do concello de Vimianzo por este tipo de promoción da historia e da cultura. Ántelo considera importante que Vimianzo estea presente a través da súa historia nun dos certames de cómic máis importantes a nivel internacional.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/vimianzo-recupera-a-sua-historia-nun-comic/
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo