Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Vimianzo presenta os programas de ocio e lecer para a mocidade e para os maiores

Vimianzo presenta os programas de ocio e lecer para a mocidade e para os maiores
actividades ocio mocidade maiores vimianzo Sumandos á programación cultural do outono de Vimianzo, a concellería de Cultura do concello de Vimianzo - dirixida por Marta Rey - acaba de presentar o programa Noiteando que pretende ser unha alternativa de ocio para a mocidade. Dentro deste programa os venres dos meses de outubro, novembro e decembro desenvolveranse actividades destinadas a adolescentes maiores de 12 anos. Xogos adaptados ás idades das persoas participantes, obradoiros de cociña, obradoiros lingüísticos ou xogos de rol, serán algunhas das actividades que se lle ofrecerán a este grupo de idade. Transversalmente trataránse contidos que traballen a igualdade de xénero, a normalización lingüística e a educación musical. A inscrición é de balde e pode facerse nas dependencias da Casa da Cultura até o 5 de outubro. Baile social Por outra banda este domingo, día 2 dará, comezo a tempada 2016-17 do Baile Social. Será todos os domingos no restaurante Pastoriza a partir das 19 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios