Luns. 07.10.2024
El tiempo

Vimianzo proxecta a reparación e rehabilitación do paseo de Cereixo

Paseo Cereixo
Vimianzo proxecta a reparación e rehabilitación do paseo de Cereixo

O Concello de Vimianzo ten proxectado o plan para reparar e habilitar o paseo de Santiago de Cereixo, que conta coa financiación da Consellería do Mar para estratexias de desenvolvemento local e cun valor estimado do contrato de 196.247,28 euros. 

A superficie total na que se intervirá é de 1380 metros cadrados aproximadamente e con esta intervención preténdese dar solución a un dos problemas de base que presenta esta zona: as frecuentes inundacións nas épocas de choiva e crecida. A acontecida en decembro de 2018, por exemplo, provocou danos catastróficos tanto na estrutura de practicamente todos os tramos do paseo como nos pavimentos de madeira.

Trátase dun espazo natural e etnográfico singular á beira do río Carnés, na súa desembocadura na ría de Cereixo. Alberga un parque edificio, un castelo e unha fortificación que datan do século XVI, así como a capela Románica de Santiago de Cereixo. Na ría podemos atopar tamén o muíño de mareas de Cereixo, de singular arquitectura de fábrica levantado no ano 1679.

Instalaranse novos modelos de luminarias para substituír ás actuais e farase o mesmo cos bancos e papeleiras. Recuperaranse os paneis informativos e realizaranse as pertinentes tarefas de limpeza previa. O proxecto inclúe, á súa vez, a inclusión dunha preinstalación da rede de saneamento que sirva ás vivendas ao pé da estrada DP-1603 consistente nun colector soterrado e un pozo para ser dotado nun futuro de bomba e tubaxe de bombeo de retorno ata a estada provincial. 

Comentarios