sábado. 15.03.2025
El tiempo

Vimianzo recibirá máis de 1.100.000 euros a través do Plan Único da Deputación

Vimianzo recibirá máis de 1.100.000 euros a través do Plan Único da Deputación
deputacion-castelo-vimianzo A vicepresidenta da Deputación e o deputado de Patrimonio e Contratación visitaron onte Vimianzo Co fin de realizar obras de mellora nos distintos parques, edificios públicos, estradas ademais de asumir o gasto corrente e reducir a débeda do concello de Vimianzo, a Deputación da Coruña destinará un total de 1.187.621,75 € a través do Plan Único. Este foi un dos temas que ocupou unha boa parte do encontro que mantiveron onte a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e o deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, cunha delegación do grupo de goberno composta polo alcalde Manuel Antelo, a concelleira de Cultura e deporte, Marta Rei e o concelleiro de Medio Rural, José Trillo. Obras Segundo sinalaron tras a xuntanza, a través do Plan Único, en Vimianzo experimentarase unha considerábel mellora de estradas e rúas, entre elas, a de Trasariz-A Toxa até a estrada AC-432, a que vai entre Carnio e Serramo, as estradas de Berdoias, Castrelo, Vimianzo, Carnés, Cereixo e Calo, as que circulan por Carantoña e tamén nas parroquias de Cambeda, Baíñas, Serramo, Treos, Salto e Bamiro. Ademais, o plan permitirá o acondicionamento do parque infantil no núcleo urbano e da praza de Baíñas xunto coa substitución da cuberta do centro de Interpretación dos Minerais en Cerbán e execución do forxado no centro de Interpretación do encoro da fervenza no Orbellido. Dous proxectos da Deputación foron especialmente aplaudidos desde o concello de Vimianzo como fixeron constar na xuntanza, por unha parte, a Rede Cultural que contribúe a unha programación de calidade ao longo do ano e tamén o proxecto do Parque do Megalitismo, que promove a área de Turismo que dirixe Xosé Regueira, no que Vimianzo participa cun importante patrimonio histórico que é parte da súa propia identidade. Castelo e Batáns do Mosquetín Despois da xuntanza no concello, a vicepresidenta da Deputación e o deputado de Contratación e Patrimonio visitaron xunto co alcalde, Manuel Antelo o Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín, patrimonio da Deputación que xestiona o concello a través dun convenio de colaboración entre as dúas institucións. Por medio do convenio, a Deputación achega 100.000 € ao concello dos que 80.000 teñen como destino o Castelo e 20.000 os Batáns de Mosquetín. Desta maneira, é o Concello quen se encarga da xestión con atención de visitantes nestes bens ademais da organización de iniciativas como a mostra de artesanía ao vivo e outras actividades como visitas teatralizadas, roteiros ou mesmo a difusión do Castelo e os Batáns. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios