Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo reducíu a débeda municipal nun 66% en 4 anos

Vimianzo reducíu a débeda municipal nun 66% en 4 anos
Escudo do Concello de Vimianzo

Loubábase onte o Concello de Vimianzo ter pechado o exercicio económico 2014 con datos positivos, con arredor de 70.000€ de diferenza entre ingresos e gastos efectivos na execución do orzamento. Polo tanto, “o nivel de ingresos obtidos foi o suficiente para cubrir os gastos”, entende o alcalde Manuel Antelo, que considera “a existencia dun orzamento realista e equilibrado, así como dunha boa xestión na súa execución”.

O remanente de tesourería foi de 347.446,31€, poñendo de manifesto, segundo o alcalde, "a capacidade de aforro do goberno municipal na xestión dos orzamentos". Máis do 80% desta cantidade dedicarase a investir en diferentes actuacións en moitos lugares do concello.

Aproveita o alcalde para arremeter contra o anterior goberno de Rodríguez: “Cando accedín á Alcaldía todos os datos económicos eran negativos, mais, nestes catro anos de goberno conseguimos reverter a situación e pechar as liquidacións sempre en positivo”, di o Alcalde.

E fala en termos de débeda. “No ano 2011, cando se constituíu o goberno municipal actual, a débeda global do concello por todos os conceptos ascendía a 3 millóns de euros. No mes de maio deste ano, a débeda global do concello non superará 1 millón de euros”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios