Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo volve escavar no Castro das Barreiras

Vimianzo volve escavar no Castro das Barreiras

Tito Concheiro, Manuel Antelo e Marta Rey na Presentacion novas escavacions Castro das barreiras Vimianzo Tito Concheiro, Manuel Antelo e Marta Rey na Presentacion novas escavacións Castro das Barreiras Nova aposta do Concello de Vimianzo polo patrimonio. Este venres presentaban a nova campaña de escavacións no Castro das Barreiras, na parroquia de Cambeda, despois do éxito do completo programa de 2018, na que se descubriron restos de, polo menos dúas construcións de grande tamaño, ademais de facer unha serie de visitas guiadas de gran expectación. Durante esta campaña ampliarase a escavación do ano pasado, abrindo unha área de 16X18 metros, escavarase o interior da muralla e consolidaranse as estruturas atopadas na escavación do ano pasado. Durante esta campaña as escavacións estarán abertas ao público coa posibilidade de organizar visitas guiadas ao xacemento.

Limpeza do Castro da Cerca

Ademáis das intervencións no Castro das Barreiras vaise a executar unha primeira intervención no Castro da Cerca na parroquia de Serramo. Esta intervención consistirá na limpeza de maleza e vexetación, co obxectivo de deixar á vista as murallas, no levantamento topográfico, toma de datos e sinalización mediante paneis interpretativos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-excavacion-do-castro-das-barreiras-pecha-cun-gran-achadego-metalurxico/

Comentarios