Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Visita institucional ao Distrito V

Distrito Forestal V Vimianzo
Visita institucional ao Distrito V

Esta pasada mañá de mércores, unha delegación da Xunta visitana o Distrito forestal V, ubicado en Vimianzo. Unha visita para saudar ao persoal e coñecer de primeira man o traballo que desenvolven, así como as instalacións.

O Distrito Forestal V - Fisterra, comprende os concellos situados na parte occidental da provincia: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo, e Zas.

As funcións básicas deste distrito son a xestión forestal de limpeza e acondicionamento do monte e a prevención e extinción dos incendios para o que contan con máis de 117 traballadores, entre xefe de distrito, técnicos, emisoristas, vixiantes fixos, operadores codificadores, axentes medioambientais e brigadas de medio rural, ademais de 4 brigadas municipais conveniadas con Muros, Santa Comba, e Zas.

Contan ademais con 6 motobombas de Medio Rural con 18 condutores de motobomba, unha motobomba municipal conveniada con Santa Comba, un helicóptero con brigada helitransportada en Lomba (Santa Comba) e a disponibilidade do aeródromo de Mazaricos como base alternativa para avións de carga en terra.

Distrito Forestal V Vimianzo.jpg

Durante a visita o delegado lembrou os traballos de prevención realizados nos últomos meses en zonas de alto risco de rexistrar lumes forestais dos concellos de Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muros, en zonas de alto risco de rexistrar lumes forestais dos concellos de Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muros.

Comentarios