![visitas guiadas teatralizas torres do allo castelo vimianzo]()
O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo retoman este domingo as súas visitas teatralizadas da man de
Os Quinquilláns que tiveron que suspenderse temporalmente por motivos persoais da compañía de teatro.
Nas
Torres do Allo, a representación realizarase todos os domingos que quedan de xullo e de agosto as
19:30 horas. Durante algo máis de 35 minutos, os Quinquilláns encarnarán a
Francisca Riobóo e Víctor López Seoane para dar a coñecer como era a vida cotiá nun dos pazos máis antigos de Galicia dun xeito ameno e didáctico. Con este programa de divulgación, bautizado como "Pazos da Terra", o concello de Zas pretende publicitar un monumento único entre a xente da contorna os turistas que se acheguen á Costa da Morte.
No caso do
Castelo de Vimianzo, as visitas teatralizadas pola compañía Os Quinquilláns serán as
13 e as 17 horas. O concello tamén ofrece todos os sábados e domingos do verán, un servizo gratuito de visitas con guía na fortaleza vimiancesa (as 12 e as 19 horas) nos Batáns do Mosquetín (as 13 e as 18 horas).
Ademais, este vernes, o poeta Evaristo Martelo guiará unha visita nocturna polo Castelo vimiancés. E a fortaleza será o punto do partida do
roteiro "O camiño secreto de Santiago" no que os participantes farán un percorrido en autobús ata a capela da Peregrina da Lagoa, a igrexa de Calo, a capela de Castrobuxán e a vila de Cereixo, porto de chegada de peregrinos con destino a Compostela.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas
- Concello de Vimianzo