Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Comida da Fía volverá ser a gran festa do liño

A Comida da Fía volverá ser a gran festa do liño
XXIV Exaltacion da Fia do Lino 2018 Carmen Riveiro, a presidenta e alma da Asociación de Amigos do  Liño de Galicia Carmen Riveiro, a presidenta e alma da Asociación de Amigos do Liño de Galicia

Longa presentación a que tivo onte lugar nas Torres do Allo para presentar a 24ª Exaltación da Fía do Liño, a comunmente chamada “Comida da Fía”. A cita máis importante do ano para a Asociación Amigos do Liño, e unha cita histórixa para para o Concello de Zas e para a comarca de Soneira, celebrarase este ano no pavillón de Baio o 1 de maio.

Unha cita que pon en valor o traballo dunha entidade que converteu unha artesanía centenaria nun espazo de moda, unha tradición convertida en adalid da modernidade.

A cita contará con todos os ingredientes dos últimos anos. Un completo menú con base de liño, demostración de fía, un desfile e algo de baile.

Coma sempre o protagonismo centrouse na gran alma do liño en Galicia, Carmen Riveiro, que quixo lembrarse de todas as persoas que fan posible este multitudinario xantar, pois dar de comer a máis de 400 persoas non é doado.

A organizadora quere resaltar a colaboración do goberno municipal zaseiro, e o novo patrocinador, Gasthof, que fará todo máis sinxelo.

Xa se pode reservar prato (20€).

XXIV Exaltacion da Fia do Lino 2018 2 As invitacións serven de marcapáxinas

Máis novas

Fonte

Comentarios