Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Coral Xan Mella arrincou a xira de Outono en Ribadavia

A Coral Xan Mella arrincou a xira de Outono en Ribadavia
Coran Xan Mella en Ribadavia Coran Xan Mella en Ribadavia

Non paran estes da Coral Xan Mella de Baio. Comeza o outono e os cantantes baieses xa comezaron a súa xira, actuando este o pasado sábado na vila ourensá de Ribadavia. Unha cita que foi un éxito rotundo, pois saíron arroupados nun mar de aplausos, despois de compartir esceario cos anfitrións do Coro de Cámara do Clube Artístico.

A agrupación que dirixe Tatiana Pankrátova non deixa a ninguén indiferente. A directora prepara un ecléctivo programa que vai do pop, á liturxia, pasando polas habaneras e como non, pola música popular galega.

Coma sempre, o concerto serve ademais para que os coralistas e acompañantes fagan tamén unha viaxe de pracer, e coñezan novos lugares como o fermoso barrio xudeo da capital do Ribeiro e facer unha visita a unha bodega dos famosos caldos galegos.

Vindeiros concertos

A vindeira cita será o sábado 17 de novembro, na Concatedral de Ferrol convidados pola Coral A Magdalena. E en decembro a coral labartiana participará en Meirás nun festival de polifonía e pechará o ano en Baio co XV Memorial Pepe Valiña que este ano terá carácter internacional.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-coral-xan-mella-pechou-un-completo-curso-co-clasico-memorial-pepe-valina/

Comentarios