Luns. 13.05.2024
El tiempo

A Coral Xan Mella de Baio comeza un novo ano coa barriga chea

A Coral Xan Mella de Baio comeza un novo ano coa barriga chea

A AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella de Baio-Zas celebrou onte 25 de febreiro asemblea xeral ordinaria. Unha xuntanza nun ambiente estupendo, como podemos comprobar, pero na que ademais de cantar e bailar, tamén houbo tempo para facer balance do ano 2010 e se presentou o proxecto de actividades para o presente 2011.

I é que como non podía ser menos a asemblea rematou cunha pantagruélica cea convidados por Casa Ovidio no que non faltaron os cantares de sobremesa.

21 actuacións no 2010

A Coral Xan Mella fixo un total de 21 actuacións o ano pasado. Resaltando as celebradas en Madrid, Salceda de Caselas, Rianxo, Mos e O Carballiño (sendo seleccionada por quinto ano consecutivo para o Certame En Clave Coral).

Destacouse tamén a importancia da gravación do seu segundo CD titulado "De entrañas da terra", que está tendo moi boa acollida por parte da crítica e do público.

Vindeiras actuacións

Para este ano 2011 xa hai confirmadas, polo de agora, 11 actuacións en vilas como Beluso (Bueu), Teo ou Laxe entre outras, así como o proxecto de cantar en Lisboa a finais do mes de maio convidados pola Coral Ad Divitias do Instituto Nacional de Estadística da capital lusitana.

A coral labartiana exercerá como anfitriona o 18 de xuño onde celebrará o IX Encontro de Corais e o 17 de decembro co tradicional concerto de Nadal VIII Memorial Pepe Valiña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios