Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa manifestarase se en 15 días non se desbloquea a ITV de Baio

A Costa manifestarase se en 15 días non se desbloquea a ITV de Baio
Multitudinaria a asemblea veciñal que se celebraba onte no Auditorio de Baio. Máis de 300 persoas se achegaron para esixir a instalación, dunha vez, da ITV no polígono do Allo. A asemblea foi convocada polo GDR Costa da Morte Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte, na que particiaron ademais dos veciños, membros de todas as cores políticas e pesos do sector empresarial. A conclusión da asemblea foi clara: Se en 15 días non se autoriza o comezo da instalación da ITV no Allo, será convocada unha Manifestación popular. IAdemais dunha campaña informativa a base de folletos. I é que o concello xa outogou a licencia de obra aló por setembro de 2009. O sentimento no seo do sector empresarial é de decepción. "Menosprezo" é unhas verbas máis usadas. Por unha banda o alcalde de Zas Lolo Muíño denunciou que "o retraso é por causas meramente electorais". Iso si, non se trataron as disputas localistas que evitaron hai 2 anos que a tramitación fose máis sinxela (ver "máis novas") Entrementres, seguiremos agardando polo Camión da ITV... e polo Camión do DNI, polo da Resonancia Magnética, polo do DNI...

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios