Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O GDR Costa da Morte, con 13 novos proxectos en marcha, analiza a situación da ITV

O GDR Costa da Morte, con 13 novos proxectos en marcha, analiza a situación da ITV
A Xunta Directiva da asociación GDR Costa da Morte –presidida por Manuel Muíño- vén de aprobar catro novos proxectos e de revisar 9 máis. I é que segue desexando recibir novas ideas a entidade que xestiona boa parte dos fondos europeos que chegan á Costa da Morte. Ademais, a actualidade da ITV da Costa da Morte fai que a entidade se preocupe. De feito vén de nomear unha Comisión formada polos órganos unipersoais do GDR: D. Manuel Muiño Espasandín (Presidente), D. Manuel Soto Pérez (Vicepresidente), Dna. Mª Olga Campos Sánchez (Secretaria) e D. Ramón Sestayo Lestón (Tesoureiro) para reunirse cos representantes da Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte para ver que medidas de actuación se poden poñer en marcha co fin de desbloquear a actual situación en que se encontra a construcción da ITV en Baio.

Proxectos aprobados

  • Envasadora de Leite Fresca en Explotación Agraria para Venta Directa de Leite (Loalo (Frixe) – Muxía). O orzamento ascende a 59.142 €, e o importe da axuda sitúase nos 24.662 €, o que supón un 41,7% sobre o total.
  • Recuperación Medioambiental dos Accesos ó Mirador do Ézaro (Dumbría). O orzamento ascende a 85.593 €, e o importe da axuda sitúase nos 52.212 €, o que supón un 61% sobre o total.
  • Creación dun Restaurante “O retiro de Barboles” (Castro (Salto) – Vimianzo). O orzamento ascende a 65.099 €, e o importe da axuda sitúase nos 25.519 €, o que supón un 39,2% sobre o total.
  • Mellora dun tramo do Camiño Xacobeo e arredores en Corcubión. O orzamento ascende a 84.750 €, e o importe da axuda sitúase nos 48.307 €, o que supón un 57% sobre o total.
Os catro proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e xa foron aprobados pola Xunta Directiva do GDR Costa da Morte. Agora remitíronse novamente a AGADER para que este organismo emita as resolucións sobre eles e llas envíe aos promotores.

Proxectos Revisados

Revisáronse os seguintes proxectos:
  • “Modernización empresarial - Equipos Productivos” (Crisco (Berdoias) – Vimianzo).
  • “Creación de Sede Social da Asociación de Empresarios da Costa da Morte” (As Barreiras – Vimianzo).
  • “Telecentro Municipal – Carnota na Rede”.
  • “Carrocería Semituliner e Acople de Carretilla” (Vila (Meanos) – Zas).
  • “Adecuación e Equipamento dun Alpendre para preparar Flores para Exportar” (Sixto (Gándara) – Zas).
  • “Ampliación Carpintería de Madeira” (Caxadas (Cambeda) – Vimianzo).
  • “Creación Centro Wellnes en Fisterra” (Escaselas (San Martiño de Duio)–Fisterra).
  • “Creación dun Centro Social” (Vilar (San Vicencio de Duio) – Fisterra).
  • “Ampliación Carpintería de Madeira” (Carreira – Zas).
O montante total de inversión admitida destes 9 proxectos ascende a 853.875 € e a subvención prevista ascende a 385.077 €. Estes nove proxecto foron enviados a AGADER e agora estase a espera de recibir a verificación do ICE.

Programa DELOA

Asimesmo se informou á Xunta Directiva que se nombrou como representante no Consello de Zona, da Zona Costa da Morte e Rías Baixas dentro do Programa de Desenvolvemento Sostible para o período 2010-2014, á Asociación de Desarrollo Local DELOA. Ademáis propúxose que os tres representantes dos concellos que vai haber dentro deste Consello de Zona sexan dos outros tres GDRs (1 do territorio da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños, 1 do territorio da Asociación Terras de Compostela e 1 do territorio da Asociación Costa da Morte – GDR).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios