![ITV]()
Multitudinaria a asemblea veciñal que se celebraba onte no Auditorio de Baio.
Máis de 300 persoas se achegaron para esixir a instalación, dunha vez, da ITV no polígono do Allo. A asemblea foi convocada polo
GDR Costa da Morte Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte, na que particiaron ademais dos veciños, membros de todas as cores políticas e pesos do sector empresarial.
A conclusión da asemblea foi clara:
Se en 15 días non se autoriza o comezo da instalación da ITV no Allo, será convocada unha Manifestación popular. IAdemais dunha campaña informativa a base de folletos. I é que o concello xa outogou a licencia de obra aló por setembro de 2009.
O sentimento no seo do sector empresarial é de decepción.
"Menosprezo" é unhas verbas máis usadas. Por unha banda o alcalde de Zas Lolo Muíño denunciou que "o retraso é por causas meramente electorais". Iso si, non se trataron
as disputas localistas que evitaron hai 2 anos que a tramitación fose máis sinxela (ver "máis novas")
Entrementres,
seguiremos agardando polo Camión da ITV... e polo Camión do DNI, polo da Resonancia Magnética,
polo do DNI...
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte