A Deputación subvenciona unha asociación presidida por un imputado por maltrato animal
08:28 30/09/14
Perfecto Fuentes Garrido, o presidente da Asociación Veciñal Parroquial O Santiaguiño de Carreira (Zas), malia ter sido imputado por maltrato animal hai pouco, segue codeándose coas altas esferas. Este ano xa foi recibido pola delegada da Xunta e onte asinou co mesmo presidente da Deputación un convenio polo que a entidade provincial entrega 30.000€ á entidade.
Investimento para a mellora do acceso á sede da agrupación. I é que debido aos desprendementos que se viñan producindo na parcela pola que se accede ao local social da entidade, a agrupación viuse forzada a construír un muro de pedra para conter o terreo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).