Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A EDAR de San Cremenzo xa está en funcionamento

A EDAR de San Cremenzo xa está en funcionamento
Edar-San Cremenzo-Zas

Sempre son boas novas as conexións á rede de saneamento na bisbarra. E asó o celebra o Concello de Zas, que vén de dar un paso adiante en materia ambiental coa posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cremenzo. Complétase deste xeito o proxecto de saneamento na parroquia e poñendo a disposición dos veciños e veciñas un servizo que contribúe á mellora da calidade de vida da poboación.

O proxecto, financiado con cargo ao Plan Provincial de Medio Ambiente da Deputación da Coruña, supuxo un investimento de 62.508,51 euros, que se suman aos 164.285,58 que destinaron no seu momento á instalación da rede de saneamento. En total, máis de 226.000 euros que permitirán dar resposta a unha importante demanda veciñal. “Con este investimento garantimos que a depuración de augas residuais se realiza da maneira axeitada e evítanse os vertidos aos ríos da zona”, manifesta ao respecto o alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Ciclo da auga

Na mesma liña, o Concello vén de adxudicar por 54.208 euros a asistencia técnica do ciclo integral da auga, que ten como finalidade “conseguir un aproveitamento racional e responsable dos recursos hídricos, a redución do impacto ambiental e a optimización das instalacións e recursos municipais que teñan que ver co ciclo integral da auga. Deste xeito, a empresa adxudicataria encargarase da xestión de redes de abastecemento, saneamento, depuración e augas pluviais e piscinas municipais.

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios