Luns. 07.10.2024
El tiempo

A maxia, principal estímulo doutra exitosa Carballeira de Zas

A maxia, principal estímulo doutra exitosa Carballeira de Zas
Ateigada-a-Carballeira-de-Zas-2018 Maxia celta a que invadiu durante toda a fin de semana a Carballeira de Velar. Un dos escenarios máis míticos de toda Galicia acollía a 35 edición da Festa da Carballeira de Zas, que o ratifica como o auténtico festival folk do país. Con máis xente que nunca, moitos dos asistentes máis veteranos valoraban que “esta Carballeira é posiblemente a mellor de todos os anos”, dando conta da cantidade de actividades, do gran ambiente, e da calidade das propostas musicais que pasaron polo escenario. Moitos lembrarán a actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que puña o listón moi alto para facer o salto da tardiña folclórica á noite folk. Unha actuación máxica, en completa sintonía co público, a que rendeu a hipnótica voz de Xabier. Outros lembrarán a singularidade dos nipóns Harmonica Creams, que sorprenderon o público zaseiro coa súa peculiar e coidada forma de entender o folk, coa súa guitarra, harmónica e violín. Tamén hai quen recordará por moitos anos aos escoceses Mànran, unha das bandas máis esperadas e que non tardaron nin dous acordes en meter no peto ao público. Xabier-Diaz-na-Carballeira-de-Zas 2018 Máxica a actuación de Xabier Díaz e as adufeiras de Salitre na Carballeira de Zas Son as bandas, que con Astarot cun broche de ouro apoteósico, pecharon o festival na noite sabatina, despois de día e medio completo de actividades. Todo da man dun Suso Lista impecable na condución, cunha mestría e simpatía sen parangón. https://www.facebook.com/festadacarballeira/videos/10156215066870081/?t=6

Venres de concertos, e sábado de artesanía e vermú

Sesion-vermu-na-Carballeira-de-Zas Sesión vermú na Carballeira de Zas Foron os Pelepau coas súas cancións tradicionais, e un posta en escena fantástica fixeron a delicia dos asistentes, as que abriron o festival na noite do venres. Estes deron paso a irlandesa Niamh Ní Charra, unha música prodixo que empezou a tocar só con 4 anos e mostrou a súa destreza co violín, cantando en inglés e irlandés. Pero a noite do venres tiña unha protagonista especial, a bergantiñá Sés, que encheu de enerxía a toda a parroquia que se entregou as súas comprometidas letras e ritmos variados. A noite pechouna con candela os The Fatty Farmers. Para a sesión vermú do sábado a carballeira xa tiña unha gran presencia de público familiar. Vermú galego, e 400kg de mexillóns servidos de balde aos alí presentes, completaron un menú formado pola fantástica Mostra de Artesanúa, os xogos infantís e inchables, e o taller de tala con motoserra de Marcos Mariño, que converte un tronco no Songoku protagonista das camisetas deste ano. A tarde estivo amenizada por diferentes músicos: Caxade, Os Farrapos e Cé Orquestra Pantasma, este último un clásico das tardes da Carballeira ds últimos anos, que ten a capacidade de meterse o público no bolsillo dende o primero segundo das súas peculiares actuacións. A continuación, deuse paso a tradicional foliada, na que participaron grupos procedentes de zoas da Costa da Morte. Saíron da praza do concello para chegar á Carballeira de Velar, onde tocaron durante varias horas. Festa-da-Carballeira-de-Zas-na-Carballeira-de-Velar-2018 Marabilloso escenario natural na carballeira de Velar para a Festa da Carballeira

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-viaxe-as-orixes-da-festa-da-carballeira-de-zas/

Fonte

Comentarios