A parroquia zaense de Mira xa pensa na Romaría de San Roque
09:02 11/04/12
Se por Moraime xa pensan no San Roque, non van á zaga os zaenses de Mira. A Romaría de San Roque do Monte de Mira, en Zas, xa agardan con ansia a chegada do 4º sábado de agosto, cando, coma sempre, se celebrará a romaría diurna e a festa nocturna.
Será a Charanga TNT a que abra a festa coas dianas e alboradas o mesmo sábado 25 de agosto de 2012. E trala misa, a Paraíso amenizará a Sesión Vermú no campo da festa. Pola noite, repetirá a Paraíso na verbena, da man da Nebraska.
O domingo queda a baixada do Santo a Mira, que comezará ás 18:00h.
Máis información festexeira
Novas relacionadas
- Muxía ponse en agosto e xa pensa nas Festas de San Roque de Moraime.
- O Liño xa espera polo día da súa exaltación.
- Os veciños de Zas prepáranse para facer o Camiño Portugués por etapas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).