![O proxecto pretende impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova]()
O proxecto "Regueifesta" pretende impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova
O pasado e o presente conviven no traballo que presentan esta tarde o
IES Maximino Romero de Lema - Baio - e o IES Marco do Camballón - Vila de Cruces- na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Alumnos en alumnas dos dous centros de ensino, xunto cos profesores Manolo Maseda e Séchu Sende e as regueifeiras Alba María e Sara Marchena, presentan o
“proxecto Regueifesta” .
O proxecto, que se enmarca dentro das xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal, é unha iniciativa de
normalización linguística impulsada polo instituto baiés e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, que ten como obxetivo impulsar a regueifa como unha
forma de socialización entre a xente nova, un instrumento para desenvolver
habilidades lingüísticas, un recurso para estimular a
creación musical e para o
tempo libre da mocidade.
"Regueifesta" está amadriñado pola regueifeira Aurora Ramos Pereiro, de Baio, de 103 anos de idade, e máis polo regueifeiro Xairo de Herbón, de 12 anos. Un exemplo claro do abano xeracional no que se move este fenómeno social.
O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das redes sociais no proceso de socialización. A maiores tamén están programadas outras actividades como: unha excursión a Euskal Herria para coñecer o bertsolarismo de primeira man (a improvisación oral vasca), un Congreso de Formación para docentes, pais e nais no mes das Letras ou unha Festa final do Proxecto así como a elaboración de material divulgativo de carácter didáctico e un documental entre outras actividades.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- IES Maximino Romero de Lema