Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para pasar “Un día nas Torres do Allo”

Aberto o prazo de inscrición para pasar “Un día nas Torres do Allo”
Visita teatralizada as Torres do Allo Todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas o pazo ofrece unha visita guiada teatralizada Xa está aberto o prazo para anotarse nunha nova actividade que se desenvolverá o próximo 23 de xullo e que leva por título “Un día nas Torres do Allo”. Esta actividade, que se que se enmarca no programa de conciliación familiar e laboral “Zas no verán!” posto en marcha pola concellería de Cultura, os máis novos coñecerán dun xeito divertido como era a vida nos Pazos. Farano a través de distintos obradoiros e xogos dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. A actividade é gratuíta. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas ou a través dos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056 (de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 horas). As inscricións están abertas ata o 20 de xullo. Visita teatralizada Por outra parte, este domingo ás 19:30 horas Francisca Riobóo e Víctor Seoane volven ao pazo de Zas para revivir épocas pasadas. Será a través dunha visita teatralizada guiada por Os Quinquilláns e que está dirixida a todos os públicos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios