Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Adro celebra a súa asamblea anual

Adro celebra a súa asamblea anual
asamblea xeral adro O vindeiro venres, 23 de setembro, ás 21 horas terá lugar no auditorio de Baio a asamblea xeral da asociación cultural Adro. O equipo directivo, con Olga Mouro ao frente, informará aos socios sobre o estado das contas da entidade, fará un resumo das actividades que se realizaron durante o 2015/2016 e das actividades que se prevén levar a cabo proximamente. Por outra parte, continúan abertas as inscricións para as excursións que organiza Adro. Unha dela será de dous día a Asturias, que terá lugar os días 1 e 2 de outubro, e a outra será unha visita á festa do marisco do Grove, o 12 de outubro.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios