Un Día das Letras Galegas cheo de cor nas Torres do Allo

O emblemático pazo das Torres do Allo vestirá as súas pedras de creatividade e cor para conmemorar o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, ofrecendo un obradoiro gratuíto para nenos e nenas.
A partir das 16:00 horas, os rapaces e rapazas de 5 a 12 anos terán a oportunidade de mergullarse na riqueza da nosa cultura dun xeito lúdico e participativo. O obradoiro consistirá en plasmar nun lenzo a esencia de Galicia, formando de maneira conxunta a palabra "GALICIA". Cada letra será unha porta de entrada a un elemento significativo da nosa identidade, desde a paisaxe ata as tradicións, pasando pola nosa lingua e o noso patrimonio.
Esta actividade é completamente gratuíta, pero as prazas son limitadas para garantir unha experiencia enriquecedora para todos os participantes. Por este motivo, é necesario inscribirse previamente, facilitando o nome e apelidos do neno/a, a súa idade e un número de teléfono de contacto.
As inscricións poden realizarse nos seguintes puntos:
- Centro Sociocultural de Zas: 981 75 13 98
- Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56
- Torres do Allo: info@torresdoallo.gal
Ademais deste obradoiro especial, as Torres do Allo ofrecerán outras actividades para gozar en familia durante toda a xornada:
- Visitas guiadas: Descubre a fascinante historia do pazo en visitas guiadas que terán lugar ás 13:00 e ás 17:00 horas.
- Xogo de pistas familiar "O Legado de Francisca": Embárcate nunha divertida aventura para desvelar os segredos agochados no pazo. O xogo estará dispoñible en calquera momento dentro do horario de apertura.Todas as actividades son de balde, polo que as Torres do Allo son destino perfecto para celebrar o Día das Letras Galegas en familia