xoves. 07.11.2024
El tiempo

Adro xa ten o seu CD “Cantando os 40” para celebrar a Foliada de Baio

CD Cantando os 40 de Adro de Baio
Así de xeitoso é o CD "Cantando os 40" de Adro de Baio
Adro xa ten o seu CD “Cantando os 40” para celebrar a Foliada de Baio

Este sábado 2 de decembro é un día moi especial en Baio. A celebración da II Foliada de Baio porá o foco nos 40 anos da recuperación tradicional da Asociación Cultural Adro de Baio, coa presentación do disco "Cantando os 40”.

Un proxecto que nace no 2020, con moitas horas de gravación, ensaios e reensaios, traballiños e unha pandemia de por medio.

Así, este sábado, ademais de escoitar aos grupos Vaiche Boa, Abrindo Rejo, Maruxía, O Cansorriño, Paracetafolk, Inllar, Trubisquiña, Os Farrapos de Cesullas, Pandereteiras de Anos, Jacinto e os Acordeoóns, Pedras Miúdas de Lires, Abaladeiras de Muxía, Raigañas, Peta Forte, Tocadoras do Alpendre, Millo Miúdo, Nordés, Mestura e, por suposto, Adro de Baio; poderás facerte cun exemplar, que custa 12€, en formato Digipack, co propio CD e un folleto de 12 páxinas.
Tamén podedes facer a vosa reserva do CD no correo [email protected].

Máis info

Comentarios