venres. 15.11.2024
El tiempo

"Aforramos 200.000€ ao ano coa municipalización da auga"

"Aforramos 200.000€ ao ano coa municipalización da auga"
Unha das depuradoras municipais do Concello de Zas Unha das depuradoras municipais do Concello de Zas

Fálase moito nestes últimos tempos da remunicipación de servizos básicos. Poderíamos falar do transporte público, do servizo de gas ou telefonía. Pero o auga é, sen dúbida, un ben primario que debería ser xestionado sen ánimo de lucro.

Hoxe queremos visitar un Concello que decidiu nos últimos tempos rescatar a concesión, cambiar a externalización pola xestión propia do servizo de augas. E polo que nos conta o teniente alcalde Óscar Lema, non lles vai nada mal.

”Aquí xa levabamos tempo pensando en rescatar, e como somos moi carneiros, levamos a municipalización adiante, a pesar da lei de 2012 que facilita a privatización e externalización de servizos. Esta Lei permite gastar 100.000€ nunha empresa pero impide ampliar a masa salarial municipal para facer contratos públicos”, sinala en claro sentido de crítica.

”Aquí en Zas agora aforramos uns 200.000€ ao ano no servizos de augas, e iso permítenos cobrar só 24 céntimos por metro cúbico a cada veciño, coa rede de sumidoiros de balde. Se seguísemos coa contrata teríamos que cobrarllelo servizo aos veciños”, apunta consicente de que o aforro municipal tamén revirte na economía de cada familia.

Lema explica como foi o proceso de rescisión do contrato. ”Ademais estaban dando un servizo malísimo, e iso pasa máis veces do que se pensa. Tiñamos varias depuradoras que non funcionaban. Rompíanse pezas e non se repuñan e tiñamos avisos de Augas de Galicia de verquidos constantemente. Decidimos ir ca Policía, levantar acta e negociar a anulación do contrato. Agora temos un home da casa, un "todoterreno" que fai de todo, dende redactar o proxecto ata executalo, o que nos permite un aforro importante”, recoñece.

Fonte

Comentarios