Alberto Mancebo debullou á súa primeira novela nos Encontros Literarios do IES de Baio
O Club de Lectura de Adultos do IES Maximino Romero de Lema acollía este luns unha nova edición dos seus encontros literarios. Desta volta, foi co xornalista e escritor vimiancés Alberto Mancebo.
Durante unha hora conversamos ao redor da súa primeira novela "O que me quedaba por dicirche", unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas
emocións dun rapaz chamado Xoán, pero que podería ser calquera de nós.... Neste libro relata de forma moi cercana e con moito sentimento esas emocións que veñen marcadas tanto pola presenza como pola ausencia das persoas máis próximas a nós.
Ademais de achegar á súa novela e ás motivacións das que partiu, Alberto contoulles aos adultos que forman parte deste círculo como empezou no mundo da escrita, como é a súa técnica de escritura, como combina o seu labor profesional coa escritura. O soneirán falou dos seus próximos proxectos literarios e entre todas reflexionaron sobre aspectos variados de carácter literario, social, educativo, profesional...
Agradecémosche Alberto a túa visita ao noso Centro e emprazámoste para presentar Indolente, a túa obra premiada na XXX Edición do premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey”.