Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A alimentación cólase no plan de estudos do IES de Baio cos Almorzos Saudables

Almorzos saudables no IES de Baio
A alimentación cólase no plan de estudos do IES de Baio cos Almorzos Saudables

Canta falta fai que a alimentación sexa parte do proceso educativo. Os centros escolares teñen unha oportunidade inigualable de educar o padal e a nutrición do noso alumnado, como pretende, por exemplo, o proxecto de Ecocomedores escolares, ou como xa fai o CEIP Os Muíños.

Desta volta é o IES Maximino Romero de Lema o que pon en valor o proxecto de nutrición arredor dos Almorzos Saudables. O centro, consciente de que moit@s alumn@s chegan sen almorzar, ou tras inxerir alimentos moi azucrados, puxéronse a traballar para abrirlles un abano de opcións máis saudables que lles axudará a enfrontar con enerxía estable e duradeira a longa xornada de clases que teñen por diante, rendendo nas mesmas e controlando o apetito.

Ao longo deste trimestre foron varios os cursos que iniciaron a primeira hora a xornada cun almorzo preparado no propio Centro. Despois dunha breve charla teórica sobre a importancia de realizar un almorzo correcto e como debe ser este, degustaban a primeira comida do día con diversidade de alimentos: pan con tomate e aceite ou cun pouco de aguacate, xamón, iogur natural, mel, avena, froita variada…

”Continuaremos no novo ano educando en nutrición con este tipo de actividades que conxugan saúde, benestar e pracer e que se inclúen no Contrato-Programa Innova EDUsaúde que estamos a desenvolver no noso Centro. En xaneiro tocaralles a quenda a aqueles grupos que aínda non o fixeron”, explican dende o centro.

Almorzos saudables no IES Maximino Romero de Lema

Novas relacionadas

Comentarios