martes. 03.02.2026
El tiempo

A alta participación feminina, unha das grandes novas da 9ª edición do Trail da Filloa

Atleta no Trail da Filloa de Zas 2026
Unha deportista no Trail da Filloa de Zas 2026
A alta participación feminina, unha das grandes novas da 9ª edición do Trail da Filloa

Máxima satisfacción na familia da Agrupación Deportiva Monte Brondo, trala organización, xunto co Concello de Zas, da 9ª edición do Trail da Filloa. Foi o domingo ademais un día ideal para a práctica do deporte en natureza, coa tregua que ofreceu o tempo, despois dunha semana durísima, que obrigou a refacer varios trazados e repasar continuamente as marcas despois de cada tormenta.

Pero finalmente, como nos conta dende a organización David Fernández, “o domingo fixo un día perfecto e así o gozaron as máis de 900 persoas que participaron”. Nunha edición na que foron protagonistas as mulleres, xa sendo un 43% das persoas participantes.

Atleta no Trail da Filloa de Zas 2026 2

Foron 462 persoas as que participaron nas carreiras de trail, e outras aproximadamente 450 nas andainas. A meirande parte xentes da Costa da Morte e da zona de Negreira, xentes que que veñen e repiten.

No trail longo, no que 77 heroes e heroínas que completaron os 24 de esixente percorrido, gañaron Roberto García, un dos favoritos, e Banesa Atán, gran amiga da organización.
No trail de 18 km, gañou unha da casa como Apolonia Bermúdez Canosa, igual que no de 13, Monste Solís, unha das deportistas zaseiras participantes.

Monte Solis ganadora do Trilino de 13 km con Laura Felisa Lopz e Maria Tajes
Monte Solís, gañadora do Trail de 13 km, xunto con Laura Felisa López e María Tajes

Superaron uns percorridos bastante enlamados, con zonas técnicas moi esixentes pero apto para todo o mundo, e sobre todo, moi divertidos, segundo recoñeceron os participantes.

Tamén gozaron os participantes nas Andainas de 12K e 20K, que percorreron parte da fermosa Ruta da Auga, coñecendo as marabillosas Fervenzas Rabiñoso, Parga e a menos coñecida de Teixidón; e os da ruta longa subiron mesmo ao Pico de Meda, o punto máis alto do Concello.

Atleta no Trail da Filloa de Zas 2026 3

Ademais dos avituallamentos en clave de filloas, un dos puntos fortes da carreira é o remate. I é que poder sentar cun caldiño e unhas filloas para comentar a carreira é un dos praceres que máis gozan os participantes, antes de ir comer aos restaurante de Zas, que estaban petados como tamén o estaban os de Mazaricos, Santa Comba ou de Vimianzo.

Cómpre destacar a labor das filloeiras á pedra de Zas, que tiñan 24 pedras funcionando e acabaron sacaron máis de 1.200… Igualmente agradecen a labor da Protección Civil, fundamental para sacar adiante estes eventos deportivos.

Máis novas

Comentarios