Luns. 29.04.2024
El tiempo

Paula Carballeira rescata a María Barbeiro no Club de Lectura de Adultos do IES de Baio

Encontro Lliteriario con Paula Carballeira no Club de Lectura do IES de Baio
Paula Carballeira rescata a María Barbeiro no Club de Lectura de Adultos do IES de Baio

Nova cita do Club de Lectura de Adultos do IES Maximino Romero de Lema. Desta volta foi a escritora, e gran contadora, Paula Carballeira, a que trouxo a Baio o seu libro “As alumnas”, que permitíu aos amantes das letras coñecer e lembrar o vivido polas mulleres cando estaban predestinadas a cumprir un rol que non respondía nin respectaba os seus sentimentos, necesidades e aspiracións.

”As alumnas” recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023, sendo a primeira muller que recibe este galardón por escribir unha obra en galego, e ademais foi merecedora do Premio Follas Novas do Libro Galego 2023. Nela a autora rende unha homenaxe a María Barbeito que, igual que moitas outras mestras da Segunda República, loitaron por lograr unha educación igualitaria, creativa, libre e renovadora. Unha tarefa que se viu truncada pola ditadura de Franco, que supuxo un retroceso en dereitos de todo tipo e que afectaron, con dureza á educación e ás mulleres.

Paula Carballeira foto alumna anos 60
Paula Carballeira nunha recreación das escolas dos anos 60

A acto iniciouse cunha sesión de foto na que, imitando as que se facían nos anos 60 ao alumnado, os e as asistentes retratáronse cun mapa de Galicia, xa que queriamos reflectir o cambio da actualidade. A escritora amosouse moi contenta pola pequena recreación dunha escola na que se mesturaban elementos destacados na súa obra. A continuación sentaron arredor dun café e a autora foi explicando aspectos d ́As alumnas alentada polos comentarios e preguntas das persoas presentes.

”Foi un encontro moi enriquecedor no que se falou do difícil que era para a muller saír do camiño trazado para ela, da lingua vernácula, do medo, da desigualdade, da liberdade e das conquistas das mulleres, cuestións que poden parecer consolidadas pero que sempre penden dun fío”, explican dende o activo centro.

Encontro Lliteriario con Paula Carballeira no Club de Lectura do IES de Baio 2

Comentarios