Xoves. 21.03.2019
El tiempo

Ao son do Rural prepara outro faladoiro literario para situar de novo a aldea como centro do mundo

Ao son do Rural prepara outro faladoiro literario para situar de novo a aldea como centro do mundo

Continúa en marcha o singular proxecto educativo do IES Maximino Romero de Lema Ao son do Rural. Esta iniciativa que que nace grupo de docentes que traballan na Comisión de Cultura e o alumnado de Xestión Cultural, Imaxe e Son e Igualdade, e que serve de espazo de encontro para partillar coñecemento a través do alicerce da comunicación interxeracional, facendo da aldea o centro do mundo.

Faino cunha nova xornada na tarde do luns, 18 de marzo, cun faladoiro aberto a partir das 16:30, en clave de literatura.

Neste segundo faladoiro contarán coa escritora Matilde Vilariño (natural de Borneiro, avoa dun alumno do Centro, que vén de publicar “Poemas que non foron ao lume”); os escritores Rafael Lobelle (natural de Chantada, profesor de ensino secundario que falará do seu poemario Física elemental e da súa novela “Evanxeos Apócrifos”.) e Lola Schutz (natural de Murcia, pero costeira de adopción, profesora do Centro baiés que fará un percorrido pola súa novela, “Austroatlántica”, gañadora do último premio Torrente Ballester.).

O nexo en común destes escritores é a súa paixón polo rural. Seguen así profesorado e alumnado desenvolvendo esta acción comunitaria para xerar aprendizaxe colectivo como prática de transformación social.

AO son do Rural

Novas relacionadas

Comentarios