Luns. 01.06.2020
El tiempo

As filloas triunfan no I trail de Zas

As filloas triunfan no I trail de Zas
I-trail-filloa-zas Un total de 365 corredores de toda a provincia participaron no I Trail da Filloa de Zas celebrado este domingo O frío e choiva non foron obstáculos para os 365 participantes do I Trail da Filloa celebrado o pasado domingo en Zas. Dende a organización, que correu a cargo da asociación deportiva Monte Brondo e do concello de Zas, están máis que satisfeitos tanto pola boa acollida que tivo a súa primeira convocatoria como polo desenvolvemento da mesma xa que, segundo indica David Fernández, "saiu todo sobre o previsto". Os circuitos, un longo e outro curto, discorreron polos montes de San Adrián e Loroño. trail-filloa-zas Na proba houbo tramos de subida con cordas nos que as sinais xa advertían de que era un "tramo jodido" Máis de corenta voluntarios fixeron posible esta dura proba na que se deron cita corredores de toda a provincia. Os participantes valoraron a variedade do percorrido, con tramos técnicos como a subida con cordas ou as zonas de lama. Ademais da beleza do circuito, a organización esmerouse por coidar cada detalle. Un deles, foi a sinalización realizada con carteis de madeira onde as mensaxes eran tan directas como "Tramo jodido". Sen dúbida, o detalle máis valorado polos corredores foi o da recompensa final. Auga de caldo, chourizos e filloas estaban esperando no pavillón de Zas polos case 400 participantes. En total, repartironse 800 filloas que foi preciso facelas en 16 pedras. ganadores-trail-filloa-zas Montse Solís e Fermín López foron os gañadores locais do Trail Corto Premiados Pouco máis de dúas horas e media da saída do trail longo - que tivo lugar ás 9:30 horas -, o coruñés José Ángel Díaz chegaba á meta situada na praza do concello de Zas. Na categoría feminina, a primeira en percorrer os 26 quilómetros foi Sonia Botana. En canto ao trail curto, o primeiro en chegar á meta da categoría masculina foi Llorenç Socias e das mulleres foi Paula Esteiro. Na cateroría de veteranos, subiron ao podium Xosé Manuel Carballeira e Araceli Veiga; de 72 e 60 anos respectivamente. Tamén houbo premio para os corredores locales, que recaeron en Montse Solís e en Fermín López por ser os primeiros dos empadroados no concello de Zas en completar a proba. Os usuarios e usuarias de Aspaber encargáronse de elaborar os trofeos realizados con madeira dos montes polos que discorriu o trail. III Festa da Filloa Este foi o primeiro acto da terceira edición da festa da Filloa, que terá o seu día grande o 11 de marzo. Ducias de persoas congregaranse no pavillón de Zas para degustar un menú a base de cocido, filloas á pedra, postre e bebidas. O custe é de 20€ (gratis para os menores de 12 anos) e haberá varias actuacións musicais. Os interesados en asistir poden retirar as súas entradas no bar Tívoli e no bar Tabares ou a través dos números de teléfono 606 889 707; 629 807 928 ou 677 115 411. Novas relacionadas Fonte

comentarios