Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo énchense para analizar o presente e o futuro da artesanía do liño

xornada-presente-futuro-lino
As Torres do Allo énchense para analizar o presente e o futuro da artesanía do liño

Analizar o papel da artesanía en xeral, e do liño en particular, na sociedade actual será o tema sobre o xire a xornada que se celebra este sábado na Torres do Allo organizada polas áreas de Patrimonio e Turismo da Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Zas, a Universidade da Coruña e a Asociación Amigos do Liño.

“Presente e futuro do liño” é o título deste evento que reunirá a máis de 150 persoas na horta do pazo máis antigo de Galicia. Entre elas confirmaron a súa asistencia Julio E. Abalde, Reitor da Universidade da Coruña; Mª Jesús Movilla, Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade; e a Directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares.

O programa

A xornada, conducida por Jorge Mira, comeza ás 11:00 horas coa recepción das persoas asistentes. Tras un breve acto inaugural, haberá dúas conferencias. Manuel Escourido Calvo,
Coordinador e docente do Grado en Xestión Industrial da Moda no Campus de Ferrol da UDC, falará sobre moda e sostebilidade. E a continuación será a quenda de Mª Elvira Lezcano
González, Docente do Grado en Xestión Industrial da Moda no Campus de Ferrol da UCD, que analizará a relación do liño e a historia da arte. Esta primeira parte da xornada rematará coa intervención de Xosé Penas Corral, Deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento.

Ás 12:00 horas haberá un desfile con modelos locais de diferentes pezas de roupa elaboradas con liño, encaixe e outros artigos artesanais. Ao remate, Tania Caamaño ofrecerá un concerto co que se dará paso a unha degustación de produtos da zona e outros tipicos das tradicionais comidas do liño. Xosé Regueira, Viecepresidente da Deputación da Coruña; e Manuel Muíño, serán os encargados de pechar o acto.

Para asistir cómpre inscribirse neste formulario

Comentarios