As trampas eliminan miles de velutina en Carballo e en Zas
08:12 05/06/18
As trampas instaladas polo concello de Zas capturaron na última quincena de maio 577 velutinas
Foron varios os concellos da Costa da Morte os que nos meses pasados puxeron en marcha unha campaña de trampeo contra a avespa velutina. Entre eles están os de Carballo e de Zas que tomaron así o control dunha praga que a criterio do alcalde de Zas, Manuel Muíño, "é competencia da Xunta".
O servizo de control de pragas de Carballo, vén de pechar a súa campaña na que ao longo destes dous meses capturaron un total de 10.546 raíñas nas 425 trampas instaladas en diversos puntos do municipio carballés. "Isto supón que se evitou a posible formación doutros tantos niños no noso concello", sinalan dende o goberno municipal.
O servizo municipal de control de pragas contou de novo coa axuda tanto dos/as apicultores/as. En total colocáronse 425 trampas, distribuías do seguinte xeito: 20 en Carballo, 30 en Ardaña, 20 en Bértoa, 60 en Razo, 40 en Cances, 60 en Berdillo, 20 en Aldemunde, 130 en Rus, 20 en Oza, 10 en Entrecruces, 10 na zona de Baldaio e 5 en Sísamo. Este ano colaboraron moitos particulares e tamén os centos de alumnos e alumnas de todos os colexios de infantil e primaria que participaron na campaña
divulgativa desenvolvida durante os meses de xaneiro e febreiro.
Agora, unha vez rematada a campaña, procederase de xeito inmediato á retirada desas 425 trampas para non xerar residuos e tamén para evitar que caian nelas outros insectos.
Zas
No caso de Zas, a campaña de trampeo continúa activa durante os próximos días. Precisamente o pasado venres, día 1, renováronse as trampas colocadas polo concello en distintos puntos de maior sensibilidade. Ao mesmo tempo, recolléronse as trampas da última quincena de maio nas que se capturaron un total de 577 exemplares, das cales 368 eran raíñas e 209 obreiras.
Dende o concello sinalan que para seguir freando esta praga é fundamental a colaboración da veciñanza animándoos a que
coloquen as súas propias trampas. Para realizalas é necesario unha botella de plástico que conteña líquido atraínte e uns buratos que permitan a entrada das vespas. Os puntos máis sensibles atópanse en zonas de árbores con flor, como camelias e rododendros, e de árbores froiteiras.
Así mesmo, os apicultores poden colaborar indicando a localización das súas colmeas por ser lugares sensibles ao ataque da velutina. Toda a información ou dúbidas sobre a praga pode aclararse a través do número de teléfono do concello de Zas (981 70 83 03).
Novas relacionadas
- Maio 18: Camariñas acaba con 1876 velutinas
- Maio 18: As numerosas capturas de velutina en Carballo e Malpica ratifican o seu preocupante avance.
- Abril 18: Malpica e Mazaricos toman novas medidas contra a velutina.
- Marzo 18: Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina.
- Marzo 18: O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta.
- Marzo 18: Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina.
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])