Luns. 27.01.2020
El tiempo

Os Empresarios de Baio abren o Nadal cunha Feira dominical e escribíronlle a Carta ao seu "Rei Mago das Rías Baixas"

>Este domingo 15 de decembro os establecimentos de Baio póñense de Nadal, cunha xornada de apertura ata as 18:30. Un bo xeito de promocionar as compras no comercio local.
Os Empresarios de Baio abren o Nadal cunha Feira dominical e escribíronlle a Carta ao seu "Rei Mago das Rías Baixas"

Coa chegada do Nadal, a Asociación de Empresariso da Comarca de Soneira tamén quixo facer a Carta para recibir regalos nestas datas, coa particularidade de que o remitente non é nin Papá Noel nin os Reis Magos, senón que sería nin máis nin menos que Abel Caballero, actual alcalde de Vigo. Dende a Asociación afirman que se dirixen a el ao consideralo como “o Rei Mago e o que calquera quixera ter” e que se declaran “seguidores seus”.

Na carta que lle escribiron admiten que foron “bos” e que se esforzaron “por levar a cabo moitas ideas co fin de reactivar a economía” dos seus socios, e por isto, lle piden “á súa maxestade de Vigo” que se “se atopase falto de espazo para colocar algún dos seus arcos de luces, pinos de Nadal, figuras de nacemento, unha noria, pista de xeo, ou calquera outro elemento decorativo, estaremos encantados de facerlle sitio para lucilo durante a nosa campaña de Nadal en Baio”.

A resposta de Caballero non se fixo esperar e indicou: “encantoume a vosa carta, tan cercana e tan afectuosa. Agradézovos o xesto e deséxovos o mellor pero...lamentablemente non nos sobra ningún elemento decorativo”, afirmou o alcalde da cidade olívica.

carta contestación ABEL CABALLEROContestación de Abel Caballero á Carta da Aociación de Empresarios da Comarca de Soneira.

A pesares de non conseguir este ano o agasallo que pedía na súa Carta, a Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira invita tanto ao alcalde de Vigo como ao resto da xente a pasar por Baio nestas datas tan especias, xa que, como eles mesmos expresan: “non temos norias, pero si un comercio e hostalaria de calidade , proximidade e libre de peaxes!”.

Deste xeito, teñen preparado varias iniciativas para fomentar o comercio local nestas datas:

  • Papá Noel sortea a devolución do 10% das túas compras

Do 12 ó 24 de decembro. Merca nos comercios colaboradores. Garda os teus tickets e deposítaos nos buzóns co nome, apelido e teléfono. Máximo do importe da devolución 50 €.

  • 15 de decembro: Feira larga ata as 18 horas e tirada de globos.

Comercios abertos de xeito ininterrompido, tirada de globos con premios e descontos directos, visita de Papá Noel e moitas máis sorpresas.

  • Os Reis magos mercan no comercio local

Do 26 ó 4 de xaneiro. Escríbelles unha carto ós Reis Magos do que máis desexas de cada comercio. Deposita as cartas nos buzóns de cada tenda e un Rei Mago escollerá 2 regalos (para un adulto e un neno cun importe máximo de 100 € cada regalo).

  • Domingo 5 de Xaneiro Comercio Aberto

Comercios abertos de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 19:00 horas Cabalgata, xogos infantís e moitas máis sorpresas.

cartel de nadal asociacion de empresarios da comarca de soneira

Comentarios