Zas abre por terceiro ano o necesario servizo de madrugadores municipal

CPI de Zas
CPI de Zas
Zas abre por terceiro ano o necesario servizo de madrugadores municipal

Se queres fixar poboación, tes que permitir que as familias poidan deixar ás súas crianzas nos centros de ensino moito antes das 9:00 (o horario escolar oficial que depende da Xunta é de 9:00h a 14:00h), para ir aos postos de traballo lonxe da comarca. Unha necesidade que teñen clara concellos como o de Muros, A Laracha, Ponteceso ou Zas, que teñen en marcha o programa municipal de Madrugadores para o curso académico 2025-2026. 

Un programa que moitas veces, como o comedor (nos centros que non teñen cociña propia) ou as extraescolares, depende das familias, do voluntario de nais e pais que forman as ANPAS e que teñen que contratar empresas e xestionar as actividades para poder manter ocupadas as súas crianzas no seu horario laboral. Con todo, hai Concellos que están asumindo o servizo de Madrugadores, como medida básica de conciliación e de fixación de poboación.

No caso do Concello de Zas, ofrece este servizo dirixido ao alumnado do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas para que as familias teñan a opción de que os seus fillos/as entren no centro antes do inicio das clases. O servizo prestarase desde o vindeiro 8 de setembro, coincidindo co inicio das clases, até final de curso.

Este é un servizo que se ofrece os días lecNvos en horario de 07:30 a 09:30 horas, sendo as 09:00 horas a última hora de entrada. Tamén cabe a posibilidade de almorzar durante este tempo e, neste caso, terán que levar o almorzo da casa ao igual que o fan coa merenda do recreo. Os nenos e nenas serán atendidos por persoal cualificado que estará financiado polo Concello de Zas.

O servizo de Madrugadores pódese usar de forma continuada (o curso completo); temporal (por meses ou semanas); ou de xeito ocasional (un ou varios días concretos). Para as familias, este servizo ten un custo de 20€ ao mes e aplicaranse reducións para o 2º fillo/a e seguintes e para as familias monoparentais.

Inscricións

Ao igual que no curso anterior, para a posta en marcha do programa Madrugadores será necesario que haxa un mínimo de alumnado usuario.
No caso do CPI de Zas, as familias que desexen facer uso deste servizo deberán poñerse en contacto co Concello de Zas (981 70 83 03).
Mentres que as familias do CEIP Labarta Pose deberán comunicalo no enderezo electrónico anpalabartapose@gmail.com ou a través do número de whatsapp 697 505 999.
 
 Máis novas

Comentarios