Baio acolle a estrea da película "A casa da luz" oito anos despois da súa rodaxe
18:05 26/01/16
O alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio é o encargado de organizar a estrea "mundial" da película "A casa da luz", rodada fai oito anos na Carballeira da vila e na que participaron varios veciños e veciñas de Baio.
A proxección comeza ás 19 horas, no centro sociocultural de Baio, e ao remate haberá un pequeno debate con Carlos Amil Serantes - director da película -e Xosé Xoán Cabanas Cao - produtor de Vimbio Filmes-. A película non puido ser estreada nos cines e por iso este grupo de grupo de alumnos e alumnas que participaron algúns deles na película buscaron o xeito de poder facer realidade un dos seus soños: verse na gran pantalla.
O filme é unha adaptación da novela de Xabier P. DoCampo co mesmo título e publicada por Xerais. Narra unha historia na que uns nenos descobren un misterioso cadra no que poden entrar e vivir un mundo paralelo que lles depara apuros e esperanzas. A película está rodada integramente en galego.
O custe da entrada é de 3€.
Novas relacionadas
- A diversión e a solidaridade únense na foliada organizada polo IES de Baio
- Alumnos do IES de Baio organizan unha foliada solidaria co pobo Sirio
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- A asociación cultural Adro de Baio estrea directiva con Olga Mouro de presidenta
- A asociación Adro de Baio ao borde de disolverse por falta de relevo na directiva tras 35 anos de traballo cultural
- O IES de Baio premiado por recuperar a paisaxe e os cultivos das Terras de Soneira
- O IES de Baio cumpe 20 anos
- Redacción QPC ([email protected])
- IES de Baio