Baio loita contra a crise coa XXIX Feirauto


29ª edicións a avalan como a Feira do Automóbil de Ocasión máis importante de Galicia. Baio convírtese, dende hai 15 anos e duas veces por curso, no centro das feiras automobilísticas da man da Asociación Profesional do Automóbil de Baio.
Estes vindeiros sábado 9 e domingo 10 de xuño volverán máis de 400 vehículos de todas as gamas ás rúas de Baio. Coches de todo tipo para buscar dinamizar o sector empresarial da zona.
I é que o sector está en tempos difíciles. Os organizadores e o Concello zaense, sempre volcado coa iniciativa, esperan que a crise non se note tanto como outros anos. A venta de coches ten baixado enormemente nos últimos tempos, sen ben as ofertas que teremos na Feirauto poderán ser interesantes para ir trampeando o vendabal.
Novas relacionadas
- Xuño 2012: A crise si que chegou á Feirauto.
- Entrevista con Manuel Martínez, coordinador da Feirauto de Baio: "A unión é a clave do éxito da Feirauto".
- Feirauto 2010: A Feirauto non sofre a crise .
- Feirauto 2008: A venta de vehículos cae un 35% na bisbarra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).