Venres. 26.04.2024
El tiempo

Baio pon en marcha unha nova edición da Pelota coa implicación de 67 establecementos

Baio pon en marcha unha nova edición da Pelota coa implicación de 67 establecementos
maio-baio-pelota-2018 Como novidade, este ano o público poderá puntuar a tapa pola súa orixinalidade, presentación e sabor Baio volve a estar tinguido de amarelo. Ducias de pelotas amarelas colgan das portas de 67 locais comerciais da vila de distintos sectores para celebrar dende venres e ata o domingo unha nova edición da campaña "Baio ten a pelota". Ademais das pelotas, este ano os escaparates locen uns vistosos mini-círculos amarelos con palabras en galego con termos propios de cada negocio que elaboraron os alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose de Baio. Outra das novidades desta edición son as puntuacións das tapas que sirvan os comercios hostaleiros colaboradores. O público valorará a presentación, a orixinalidade e sabor de cada tapa cunha puntuación de 0 a 3 puntos. Esas tarxetas entrarán no sorteo dos premios, entre os que hai 800 euros en metálico. As tapas, do máis variado, serviranse no bar Vixía, na cervecería Mané, no bar Cruce, no Pescador, bar O Muíño, casa Rogelio, bar O Calvario, cafetería O Hórreo, pizzería Venecia, bar Trébol, bar Baiuca, cervería Río Grande, bar A Bulla e bar Paulino. Ademais, o restaurante A Lareira servirá durante esta fin de semana un menú especial. O custe de cada unha das tapas é de 1,50 euros. Os comercios tamén se suman a esta campaña ofrecendo descontos desde o 20% na mercadoría de tempada e ademais farán un horario especail durante estes tres días (10:oo a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas). Con cadra compra, o cliente obterá un cuño na súa tarxeta coa que entrará no sorteo así que reúna seis selos. E outro clásico da campaña "Baio ten a pelota" son as actividades na rúa. Ao longo da estrada de Laxe ubicarase un mercado de coches de segunda man e no centro da vila colocaranse varios postos de artesanía, manualidades, antigüidades. Ao igual que nas anteriores edicións, haberá inchables e actividades gratis para os máis pequenos. E para facilitar o desprazamento en locais, un tren percorrerá a vila ao longo do sábado e do domingo. Estas campañas - tan de moda na actualidade na Costa da Morte - teñen como obxectivo principal fomentar as ventas no pequeno comercio; un dos principais motores da economía local. Precisamente, o pasado 30 abril os comerciantes de Baio, Zas, Laxe, Ponteceso e Vimianzo puxeron en marcha unha viral campaña na que simularon o peche dos lociais. Novas relacionadas Fonte

Comentarios