Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A RAG coñece de preto a Labarta Pose

Lolo Muino e Tania Carreira coa RAG
A RAG coñece de preto a Labarta Pose

Continúa o Concello de Zas poñendo en valor a figura e a obra de Enrique Labarta Pose, sempre coa idea da Comisión de conseguir que o xornalista zaseiro teña o seu propio Día das Letras Galegas. 

Mentres, xa traballa arreo para o programa de actividades do próximo outono. Este foi o motivo polo que o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, acompañado pola Técnica de Turismo do Concello de Zas, Tania Carreira; mantivo onte un encontro co Presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, quen ademais tivo a oportunidade de coñecer de primeira man todas as accións que se realizaron ao longo dos últimos anos, en colaboración coa Comisión Labarta Pose, a través das cales se pretende que Enrique Labarta Pose

O Presidente da RAG recibiu varios exemplares do folleto informativo sobre a vida e obra do escritor baiés e no que inclúe tamén toda a información sobre o Roteiro Literario de Labarta incluído no “Proxecto Roteiros” do Consello da Cultura Galega. Freixanes comprometeuse a repartir os folletos entre os asistentes ao próximo pleno que celebre a institución. Ademais, o Alcalde de Zas entregoulle un exemplar do libro “Zas polo miúdo” e un marcapáxinas de liño.

Comentarios