A borrasca ex-Kirk deixou sen luz o núcleo de Zas durante 15 horas

Crú balance do paso da ex-borrasca de Kirk. Xa vimos que deixou refachos de vento de 1650km/h por Vimianzo, unha manga mariña por Lires, unha árbore centenaria degolada en San Fins de Cambeda, estradas cortadas polo sur da comarca, e mesmo o campo da Serra de Outes complentamente anegado.
Pero se cadra a peor parte levárona en Zas, onde estiveron moitas horas sen luz dende as 5:00h da madrugada ata as 19:30 da tarde deste mércores. Unha situación de precariedade máxima provocada, en teoría, pola caída dun simple posta da luz, o que dá conta das precarias infraestruturas coas que conta o noso rural.
Tanto no núcleo da capital municipal como na zona do Sixto, a falta de enerxía eléctrica provocou moitos problemas. O Concello, sen ir máis lonxe, paralizado, pero é que ademais, no Centro de Saúde non se puido acceder aos historiais, nas Farmacias, na escola Infantil…
O corte tamñen afectou ao sector privado cunha hostalería que trinaba con tantas horas cos conxeladores apagados.
No Sixto, o Concello puido contratar un xenerador que permitiu volver conectar a estación de bombeo”, se non quedabamos tamén sen auga”, sinala o rexedor Lolo Muíño.
”Se sabes que vas tardar tantas horas, deberías tras un grupo electróxeno e dar servizo ao núcleo”, critica Muíño á falta de compromiso de Naturgy.
Chuvias

Se en VImianzo si que petouo vento, en Zas o peor foi a chuvia, en zonas como Gándara, Carreira ou Mira… provocando que o río Grande ao seu paso por Baio estivese rebosante.