Luns. 29.04.2024
El tiempo

Brandomil recicla o Nadal

Nota de Prensa Nadal Brandomil23 copia
Brandomil recicla o Nadal

A reciclaxe e o traballo colectivo da activa parroquia de Brendomil estase facendo un lugar nos adornos de Nadal máis importantes da Costa da Morte.

Se o pasado Nadal os veciños de Brandomil conseguiron reciclar un depósito de auga abandonado, transformándoo nun tren co que viaxaba Papá Noel, este ano a familia zaseira aínda lle deu unha volta e conseguiron facer ata un carrusel para os nenos a partir do eixe dun camión.

Van sumando elementos a este singular belén as xentes da parroquia, e ademais do tren, o muíño de vento, e o carruse, tamén engadiron a fachada dunha vila de Nadal, todo feito con material reciclado. A árbore de Nadal duplica o seu tamaño e alcanza os 8 metros de altura. Bonecas, un asento e o nome de Brandomil, todos feitos con troncos de madeira, completan un orixinal Belén de Nadal.
As casas iluminadas durante máis dun mes acompañan a estas festas.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, foi o encargado de pronunciar o pregón no acto de aceso das luces e na súa intervención enxalzou este traballo conxunto e colectivo dun local, “que ía polo tellado porque, con cartóns se pode” facendo algunhas cousas, pero o que se facía aquí era un traballo que aglutinaba a dous veciños e era máis difícil de conseguir e estaba moi contento de poder dar a axuda que se pedía para poder facelo”.

Máis novas do Nadal

Comentarios