A Carballeira de Baio acolle de captación de voluntariado ambiental

O vindeiro 3 de maio, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA-, en colaboración co Concello de Zas, presenta na Carballeira de Baio un dos seus programas de voluntariado ambiental máis emblemáticos: o “Proxecto Ríos”.
A xornada comeza ás 10:30 coa recepción das persoas asistentes na Praza Jorge Mira Pérez. A continuación, membros de ADEGA presentarán o “Proxecto Ríos. Súmate á corrente!” xunto coas actividades que se enmarcan neste programa. A xornada de portas abertas continuará cunha visita ao Río Grande, ao seu paso pola Carballeira de Baio, co fin de inspeccionar a calidade das augas e o estado de conservación da súa ribeira.
O espazo foi escollido pola súa biodiversidade, bo estado de conservación e pola súa accesibilidade sendo un dos lugares naturais máis relevantes da Costa da Morte. Ademais, a Carballeira Municipal de Baio está integrada dentro do catálogo de Formacións Senlleiras.
Para participar nestas xornadas, que é totalmente gratuíto, é necesario anotarse previamente a través deste formulario.