Venres. 02.12.2022
El tiempo

Carmen Riveiro, gañadora dun Premio Antonio Fraguas por un vestido de noiva de liño

vestdo noiva lino Carmen Riveiro I
O vestido gañador
Carmen Riveiro, gañadora dun Premio Antonio Fraguas por un vestido de noiva de liño

Un vestido de noiva en liño de Carmen Riveiro vén de levar un dos Premios Antonio Fraguas da Deputación da Coruña. Carmen Riveiro, que gaña este premio por segunda vez, faise co galardón na modalidade ‘tradicional’ cun vestido de noiva de tres pezas. Tamén Verónica Moar gaña na modalidade ‘contemporánea’ cunha composición de dúas pezas en gres e cerámica.

A proposta do liño, chamada ‘Vestido de noiva en tres versións’, foi escollida pola súa “orixinalidade do feito de combinar dúas técnicas tradicionais: o tecido en tear de baixo lizo do vestido e o pantalón, e o encaixe de bolillos feito con liño do veo e o chaleco”. Esta proposta combina unha serie de prendas que compoñen varias versións dun mesmo traxe de noiva, segundo se use o pantalón ou a sobre-saia, o que foi cualificado polo xurado “como unha composición de pezas moi versátil e moderna, xa que se trata dun conxunto de pezas evolutivo que pode irse modificando, permitíndolle moitas aplicacións”.

A zaseira, presidenta da Asociación Amigos do Liño, xa levara o premio en 2006 pola peza ‘Chal de liño’.

comentarios