Luns. 06.05.2024
El tiempo

Caxoto propón unha sesión de contos nas Torres do Allo

Cartaz Caxoto
Caxoto propón unha sesión de contos nas Torres do Allo

O venres 25 de agosto haberá “ Contos a pé da rúa” con Caxoto no incomprarable marco das Torres do Allo. “Contos a pé da rúa” trata dun particular barrendeiro municipal que chega á praza para acometer a súa función pública co mellor dos ánimos. Ante a contrariedade de atopar a praza chea de xente colga durante un intre a súa escoba de xestas e disponse a compartir historias xogos e cantigas coas que facer participar activamente ó público presente.

Caxoto seleccionará entre o seu amplo repertorio de contos aqueles que máis se axeiten ó público e ó lugar presente intercalando entre medias xogos e cantigas coas que involucrar a toda a familia. Un espectáculo fresco e dinámico ideal para complementar unha axenda cultural ou o programa de festas.
Felipe Díaz (Caxoto) está dende sempre ligado ó espazo escénico ben a través da música, do baile tradicional ou do teatro. Entra en contacto coa oralidade coa súa chegada á Editorial Kalandraka. 
A actuación é de balde e para o público familiar e xeral e darase no exterior do pazo das Torres do Allo.

Comentarios