Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Arrincaron as necesarias obras que duplicarán a superficie útil do Centro de Saúde de Baio

inicio-reforma-integral-centro-saude-baio
Arrincaron as necesarias obras que duplicarán a superficie útil do Centro de Saúde de Baio

Arrincaron as obras de remodelación integral do Centro de Saúde de Baio. Unha necesidade pola que Zas leva 20 anos esperando, pois os baixo das Escolas Agra Regueiro, situadas na Campo do Rollo, sempre foi unha ubicación provisional e que leva en funcionamento dende hai máis de 20 anos a pesar de non reunir as condicións necesarias para esta función.

O Concello de Zas e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) asumen ao 50% do custo das mesmas. As obras, executadas pola empresa Lires Cons SL, que teñen un prazo de execución de 3 meses, permitirá duplicar a superficie útil (de 108 a 205 m2), grazas á cesión realizada pola Asociación de Veciños Tabeirón.

 As obras inclúen a reforma integral das instalacións actuais (fontaneiría, saneamento, electricidade, climatización, mobiliario,…) así como a creación de dúas novas salas de atención médica.

Comentarios