Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os centros educativos de Zas recibiron as últimas melloras para afrontar o inicio de curso

CEIP Labarta Pose
Obras de acondicionamento do CEIP Labarta Pose
Os centros educativos de Zas recibiron as últimas melloras para afrontar o inicio de curso

Este xoves comezan as clases de Educación Infantil e Primaria e co fin de que se inicien nas mellores condicións posible o Concello de Zas vén de acometer unha serie de melloras nos centros educativos do municipio.
Os traballos que se levaron a cabo estes días no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose consistiron principalmente no acondicionamento dos edificios escolares, na reparación dos equipamentos e no adecentamento das zonas exteriores.

CPIZas 2
Obras no CPI de Zas

Comentarios