Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CIM de Zas atendeu en 2022 a 37 mulleres vítimas de violencia de xenéro

revista-ELAS-CIM-Zas
Revista publicada polo CIM de Zas o pasado ano
O CIM de Zas atendeu en 2022 a 37 mulleres vítimas de violencia de xenéro

O Centro de Información á Muller - CIM - do Concello de Zasatendeu un total de 565 consultas durante o ano pasado, algunhas menos que as 650 atendidas en 2021, pero o doble que durante o complicado 2020. O asesoramento xurídico (216 consultas) e a atención psicolóxica (205) seguen sendo os servizos máis demandados, pero seguramente a cifra máis impactante é a de 37, o número de mulleres vítimas de violencia de xénero que solicitaron axuda ás profesionais do centro.

Ademais, máis de 100 usuarias puideron acceder a información sobre recursos, emprego, formación e outras cuestións.

Ademais das consultas, o CIM organiza ao longo do ano diferentes actividades co fin de fomentar a igualdade entre sexos e loitar contra as violencias. Entre elas están os programas que se realizan ao redor de datas tan sinaladas como o Día Internacional da Muller e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  
Ademais, dende o CIM de Zas organízanse programas como os Talleres de Memoria ou as actividades para persoas adultas que se desenvolven durante todo o ano (ximnasia terapeútica, zumba, ioga e pilates, cesteiría, bordado,…).  

CIM

O CIM de Zas - ubicado no antigo edificio da Cámara Agraria de Zas leva en funcionamento dende o ano 2001, sendo un dos primeiros da Costa da Morte. Este é un servizo municipal totalmente gratuíto que atende a mulleres non só do noso concello se non tamén doutros limítrofes como Vimianzo, Cabana, Laxe e Ponteceso. 

O horario de atención ao público é de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. As consultas poden realizarse tanto de forma presencial como telefónica a través do número de teléfono 981 70 83 03. 

 
 

Comentarios