O comercio e a hostalería de Baio preparan unhas novas xornadas do Punto Rojo
Coa Semana Cultural en marcha, e a Carballeira de Zas no horizonte cercano, Baio xa pensa nas Xornadas do Punto Rojo, esas xornadas convirten a vila zaseira na capital comercial da comarca.
A campaña municipal de promoción do comercio local desenvolverase os días 23, 24 e 25 de agosto en Baio, e traerá 1.400€ en premios, descontos, pinchos, animación e ata unha xornada canina.
Ao igual que nas pasadas edicións, case a totalidade de establecementos comerciais e hostaleiros da vila participan nesta campaña para ofrecernos unha variada ruta de tapas e importantes descontos nas tendas de textil e calzado. Ademáis ao longo destes tres días haberá diversas actividades complementarias como un tren turístico, postos de artesanía na rúa Bispo Romero Lema, animacións musicais e actividades para a rapazada (inchables, inchables de auga, xogos, pintacaras,…).
Aqueles que se acheguen a vila tamén poden desfrutar dunha exposición fotográfica exposta nos locais que actualmente se atopan baleiros.
Novidades
O Concello aumenta a cuantía dos premios e entre todas as compras realizadas nos establementos participantes sortearemos 1.400€ repartidos en vales de 200€.
A segunda das novidades desta edición do Punto Rojo é que celebrarán a I Xornada Canina do Concello de Zas na que haberá unha exposición canina para o campionato galego Alcelcre/Expogal e o 1º concurso local canino da Costa da Morte. Esta xornada realizarase ao longo da mañá do domingo, día 25, e todas aquelas persoas que o desexen poden participar co seu can anotándose previamente no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) ou a través do formulario https://bit.ly/concursocaninocostadamorte
Máis novas