mércores. 30.04.2025
El tiempo

A solidaria Carballeira de Zas únese á Asociación Ayuda a Superar las Enfermedades Raras (ASER)

CARTEL_CARBALLEIRA_ZAS_2024_artistas
A solidaria Carballeira de Zas únese á Asociación Ayuda a Superar las Enfermedades Raras (ASER)

Ao igual que todos os anos, a Festa da Carballeira de Zas non só promete ser un evento cheo de música e diversión, senón que volve reafirmar o seu compromiso solidario. Nesta ocasión, destinará 1€ de cada entrada vendida online á asociación sen ánimo de lucro Ayuda a Superar las Enfermedades Raras (ASER).

ASER é unha entidade social, fundada hai 7 anos, comprometida coas desigualdades e inxustizas sociais. A asociación busca dar a coñecer a problemática e o descoñecemento xeral que existe sobre as enfermidades raras, mediante a recollida de tapóns e a organización de actos e campañas en A Coruña e arredores. O obxectivo é claro: dar apoio aos afectados polas enfermidades raras e contribuír a súa integración e calidade de vida.

A doazón dos fondos recadados do total da venta de entradas online permitirá a ASER continuar coa súa gran labor, dando apoio a quen máis o precisa.

Venda de entradas

Se queres contribuir adquirindo a entrada de maneira anticipada, a venda online xa está aberta, e a día de hoxe centos de persoas xa se fixeron cos seus bonos para a festa, dos cales os máis rápidos conseguiron un prezo mellor gracias a oferta especial de lanzamento, abonos para os dous días a un prezo de 15€ + gastos de xestión. Todo dende www.festadacarballeira.com/entradas-es/.

Máis novas

Comentarios