Conta atrás para a 39ª edición da Festa da Carballeira de Zas
- A noite do venres estará marcada pola actuación de Amparanoia, Maneiro, xunto co rap galego de Rebeliom do Inframundo.
- O sábado veremos sobre o escenario para os máis pequenos Gramola Gominola, a sesión vermú virá da man de Guadi Galego, referente da música galega, animando a tarde Fanfarria Taquikardia e a tradicional gran Foliada. De Ninghures pechará a tarde.
- Chegada a noite, será a quenda da banda alemá The O´Reillys & Paddyhats co seu folk punk irlandés, Os do Fondo da Barra, Mondra e Storrentos.
- A Carballeira un ano máis volve a mostrar a súa cara máis solidaria colaborando coa asociación ASER.

Non vai faltar ningún dos alicientes obrigatorios na 39ª edición da Festa da Carballeira de Zas. A máis pura tradición galega, en clave de foliada e de canción, maridada cunha dose de música irlandesa de máxima calidade, uns toques de fusión electrónica e hiphopeira e algo de música infantil para animar a cativa. Todo nun dos escenarios naturais dos máis fermosos do planeta, como é a carballeira de Velar. O éxito para os venres 9 e sábado 10 de agosto está garantido.
Así o debullaron esta mañá na cervexería de Estrella Galicia, en A Coruña, onde se presentaba o completísimo programa, onde se cadra, o dato máis relevante é a meirande variedade musical, como destacou o director do Festival, Fidel Otero. Con todo, deixou claro que “como festival humilde queremos facernos destacar por iso, por ser fieis as tradicións, e queremos que a Carballeira siga sendo unha festa do pobo, para todos”.
A presentación fíxose da man do alcalde de Zas, Manuel Muíño, que declarou que “é unha honra ser a representación do concello onde se celebra” o que, para él, “é un dos festivais máis importantes de Galicia” e adulou á organización e o seu traballo “cada ano a A.C. Castro Meda esmérase traendo a grupos do mellor do folclore galego”. Tamén dotou de valor aos centos de voluntarios que participan, cada ano, para que todo salga perfecto.
Ademais, o folclorista e membro de Os do Fondo da Barra, Quique Peón, unha das bandas confirmadas para esta edición, quixo participar nesta presentación apoiando a directiva do festival. Quique estivo moi ligado durante anos coa Carballeira, sendo profesor de baile e canto da Asociación Castro Meda, organizador do festival. Quixo recalcar, ademais “a importancia de que que festivais destas características logren involucrar a un pobo enteiro. Este festival ten unha parte tradicional importantísima, cunha identidade cultural única da zona.”
Falaron tamén Loreto Rodriguez Fuentes, responsable de Earned Media en Estrella Galicia, e a Vicepresidenta e Responsabel del área de Cultura da Deputación de A Coruña, Natividad González Rodríguez, que calificou a de Zas como “unha das mellores festas da comarca”.
PROGRAMA DO VENRES
Patrocinada un ano máis por Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, a 39º edición terá o pracer de ter sobre o seu escenario Estrella Galicia o venres a Maneiro, vocalista do grupo de rock galego Herdeiros da Crus, que chega para presentar o seu cuarto disco en solitario, baixo a mensaxe O tempo de ser felis é agora. Xunto a el, grandes grupos que completan un cartel onde a diversidade musical é o principal.
Na primeira noite tamén se poderá gozar dun dos máximos expoñentes do rap galego, a banda Rebeliom Do Inframundo, xunto a uns grandes referentes internacionais da fusión e do mestizaxe, Amparanoia y Artistas del Gremio.
PROGRAMA DO SÁBADO
O sábado dende ben pronto, gozarase de actuacións e un ambiente orientado ó público máis familiar como acostuma a ser, habendo a xa tradicional mexilloada popular de balde, gastronomía, mercado artesán, zona infantil, así como sesión vermú para toda a familia (haberá zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e outras actividades...). As actuacións musicais arrancarán da man do grupo Gramola Gominola que rockeará con todos os cativos, seguidos da artista Guadi Galego.
Fanfarria Taquikardia animará a sobremesa, e dará paso a tradicional gran Foliada da man de Brincadeira, Petadores, Pandereteiros O Fiadeiro, as Pandereteiras Xacarandaina e Churía. O grupo De Ninghures cerrará a tarde mostrando ao público a súa gran destreza artística.
A festa non remata aquí, pois cando chegue a noite, os concertos seguirán no escenario Estrella Galicia da man do grupo Os do Fondo Da Barra, do que forma parte o folclorista Quique Peón; os alemáns The O´Reillys & Paddyhats; seguidos do cantareiro e bailador, Mondra e porán o peche os polifacéticos Storrentos.
Venda de entradas
A venda de entradas online xa está aberta, e a día de hoxe centos de persoas xa se fixeron cos seus bonos para a festa, dos cales os máis rápidos conseguiron un prezo mellor gracias a oferta especial de lanzamento, abonos para os dous días a un prezo de 15€ + gastos de xestión.
A venda online pódense a atopar na páxina oficial da festa, no seguinte enlace https://www.festadacarballeira.com/entradas-es/ e tamén nas propias redes sociais da Carballeira: Facebook e Instagram.
O prezo regular será: abono de día individual 10€ + gastos de xestión e o abono para os dous días 18€ + gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 9 de agosto as 21h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 15€ entrada para un só día, ou 25€ abono para os dous días.
A Carballeira solidaria
Ao igual que todos os anos, dende a organización da Carballeira faremos unha doazón de 1€ da venta de cada abono vendido online para unha organización sen ánimo de lucro. En esta ocasión, temos a honra de colaborar coa Asociación Ayuda a Superar las Enfermedades Raras, ASER. A través da recollida de tapóns, actos e campañas en toda a provincia de A Coruña, axudan aos que máis o necesitan. ASER leva 7 anos dando a coñecer a problemática e o descoñecemento xeral que existe sobre as enfermidades raras, que cada vez afectan a un maior número de persoas, mediante a concienciación e a difusión das mesmas.
Zona de acampada gratuíta
Como é habitual e como se leva facendo en anteriores edicións, todos aqueles asistentes que queiran acampar en Zas durante os días da festa, contarán con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical). Tamén terán baños e duchas.
Máis novas da Carballeira
- Carballeira 2022: Zas quedou pequena para a gran volta da Festa da Carballeira
- Carballeira 2020: A Festa da Carballeira, a 12ª Festa de Interese Turístico da Costa da Morte.
- Carballeira 2019: Crónica: Tradición e vangarda déronse a man na 36ª Festa da Carballeira de Zas.
- Carballeira 2017: A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz.
- Carballeira 2016: A Carballeira de Zas bate marcas
Máis novas dos festivais costeiros